Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Baltar presenta o seu Plan de Mandato 2127 ante os 92 candidatos do PP ás municipais da provincia

 

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta mañá na sede provincial o Plan de Mandato 2127, o documento deseñado polo candidato a revalidar a presidencia da Deputación de Ourense coma a folla de ruta dos próximos catro anos na corporación provincial. Ante os 92 líderes municipais populares para as eleccións municipais do vindeiro 28 de maio, Manuel Baltar debullou un documento composto por 100 medidas, dentro dun proceso “aberto e participativo”, e no que se sumaron as achegas do tecido asociativo ourensán, da veciñanza -que trasladou propostas a través do correo electrónico ourense2127@ppou.es e o whatsapp do 676 594 001- e dos propios candidatos, despois de xornadas de traballo coma a celebrada o pasado 1 de abril na Carballeira de Santa Cruz.

Precisamente, Manuel Baltar fixo referencia á propia identidade do PPdeOU, que ofrece á veciñanza 92 proxectos para cada un dos 92 concellos da provincia e un proxecto provincial, o referendado no Plan de Mandato, con “iniciativas innovadoras e que os nosos candidatos tamén explicarán aos veciños para remarcar que o seu voto vale dobre: vale para o seu concello e vale para a Deputación de Ourense”.

Como xa sucedeu en 2015 e 2019, este programa de goberno volve a ser único. “O Partido Popular de Ourense presenta candidaturas potentes nos 92 concellos e na entidade local menor de Berán. E tamén volvemos a contar cun presidente como candidato coñecido a revalidar a Deputación”, destacou Manuel Baltar, que puxo o acento na importancia de contar cun “proxecto provincial que ningunha outra forza política presenta. Porque so o PPdeOU explica o que quere facer coa Deputación de Ourense nos vindeiros catro anos, e o explicamos cun Plan que referenda a nosa aposta polo territorio, con 100 medidas para seguir transformando Ourense”.

O lema desta campaña provincial, avanzou Manuel Baltar, é “Amor por Ourense Sempre”, dentro da “indiscutible aposta polo territorio” do PPdeOU. “Porque nós si sabemos que facer co goberno da provincia nos próximos catro anos. Porque nós somos unha referencia, temos un discurso sobre o territorio referenciado a nivel nacional e temos proxecto”, destacou Manuel Baltar antes de poñer en valor o traballo realizado ao fronte da Deputación de Ourense.

 

 

O Plan Ourense 2127 (polos metros de altura de Pena Trevinca cima de Galicia) abrangue 100 medidas transformadoras para o territorio, en eidos como o sector primario, a promoción do emprego ou a atención aos maiores. Este outras, o presidente provincial e candidato a revalidar a Deputación o vindeiro 28 de maio remarcou os seguintes proxectos:

-Gran Hotel Balneario e seguir avanzando na potenciación do sector, coa colaboración en novos proxectos na provincia, dixitalización da oferta termal…

-Dixitalización do ciclo da auga

-Planta de transformación de residuos orgánicos na comarca da Limia

-Proxectos estratéxicos comarcais: Ribeira Sacra, Ente xestor de Monterrei, Regantes da Limia, Potenciación da Via Nova e Camiños de Santiago, Parque acuático de Monterrei, Ecobarcos, Potenciación turística dos encoros…

-Plan estratéxico de captación de novos inversores e máximo respaldo ao empresariado ourensán e aos polígonos industriais da provincia de Ourense

-Centro de emprendemento para os mozos ourensáns

-Reactivación da Cámara de Comercio de Ourense

-Colaboración na ampliación do Campus de Ourense

-Programa de impulso a producións sostibles, con eixos como o centro transformador de produtos locais de Cantoña, en Paderne de Allariz

-Estratexia provincial de sostibilidade enerxética e impulso ás comunidades enerxéticas ao longo de toda a provincia de Ourense

-Seguridade: Mellora dos cuarteis da Guardia Civil, potenciación dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal, activación do Plan EmergOU…

-Potenciación do Centro Integral da Loita contra o Lume, en Toén

-Implantación da administración electrónica provincial por voz

-Implantación do Plan provincial de impulso á dependencia e do Plan provincial contra a soidade non desexada (SeniOUR TV)

-Plan EnOUTurismo, apoiándose no traballo do Inorde

-Dixitalización da provincia: aposta pola dixitalización dos servizos turísticos, a oferta termal Turismo ou os servizos sociais provinciais e municipais

-Potenciación da Estratexia MICE, coa creación dunha oficina específica

 

 

-Converter a Ourense na capital do montañismo galego e seguir avanzando na potenciación da estación de montaña de Manzaneda. Tamén, estación BTT na Mezquita e sendeirismo

-Reforzar a colaboración con todo o tecido asociativo ourensá e implantar o Plan Trevinca para blindar a cooperación coas entidades sociais da provincia

-Seguir avanzando nos piares e estratexias fundamentais da acción do goberno provincial, con fitos como o Plan de Cooperación, BenOurense, Estratexia de apoio ao audiovisual, EmprendOU, ChegOU, a mellora da rede viaria, o Plan Tarazana ou o Termalismo Social

Artigos relacionados

Back to top button