ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

“Barallando” unha orixinal colección de naipes, na biblioteca do Barco

En torno ás 300 barallas conforman esta exposición que permanecerá aberta ata finais de xaneiro

José María Rodríguez non deixa de sorprender. Como presidente do Cine Club Groucho Marx do Barco de Valdeorras, é coñecida a súa paixón polo cine, cunha gran colección de cintas e todo tipo de material relacionado co audiovisual, pero moito menos coñecida é a súa afección polos naipes que queda patente na exposición que vén de inaugurar na Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán, xunto á concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta.

En paneis e en vitrinas, José María estivo durante días colocando as numerosas barallas de todos os tipos imaxinables que forman parte desta peculiar mostra titulada “Barallando”. Na planta baixa están colocadas en paneis, en parte ilustrativos e en parte educativos: un adicado a caricaturas, tarot e figuras de Joker; outro distribuído por países; otro con cartas infantís; de especies en perigo de extinción; do Desembarco de Normandía; e tamén de publicidade.

E no primeiro andar, distribuías en vitrinas hai verdadeiras marabillas: barallas de póquer de todo o mundo; de reaíñas e reis; de casas comerciais (Pastas Gallo, Nescafé,…); en Braille; e por suposto barallas de cine (de James Bond, da Guerra das Galaxias,…) así como as do mus do Veira Sil, de fútbol e moitas curiosas (redondas, pequerrechiñas,…). En definitiva, un pouco de todo.

A exposición estará aberta ata finais de xaneiro, coincidindo coa Festa do Botelo e pode verse no horario da biblioteca. Ademais, se alguén quere concertar unha visita guiada (especialmente centros escolares) pode facelo chamando ao Concello.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button