ConcellosÚltima hora

Barbadás investirá preto de 290.000 euros en melloras en parques e iluminación pública

Actuará no Parque da Solaina, Bahamonde, O Común, Bentraces, Parada e o Paseo dos Amieiros
Imaxe do Parque da Solaina, onde se substituirá a area da zona infantil por caucho.
Imaxe do Parque da Solaina, onde se substituirá a area da zona infantil por caucho.

O Concello de Barbadás vén de anunciar que investirá preto de 290.000 euros en melloras de parques, zonas de ocio, pavimentación e iluminación pública. Para iso, o expediente de modificación de créditos efectuarao utilizando os fondos do remanente de tesoureiría do concello. Acutará nos parques da Solaina, Bahamonde, Bentraces, O Común e Os Amieiros e pavimentará en Parada. Tamén instalará iluminación pública LED na estrada OU-519.

Máis polo miúdo, o goberno local liderado polo socialista Xosé Carlos Valcárcel adicará un total de 71.069,22 euros a melloras no parque infantil da Solaina. Procederase á substitución da area por pavimento de caucho, instalarase unha tirolina de 20 m de longo, reubicaranse elementos de xogo e habilitaranse pasillos perimetrais á zona de xogos en formigón. Tamén se reuibcarán as fontes e instalarase un panel informativo.

O montante que se adica ao resto dos parques e xardíns ascende a 51.067,20 euros. En O Común investiranse 8.759,90 euros para instalar un cenador en madeira, limparase a zona e instalaranse dous balancíns e un columpio. En Bentraces, por 4.050,91 euros instalaranse dous lementos biosaudables e cimentarase a zona para colocar carteis informativos. No parque Bahamonde tamén se substituirá a area por caucho, reprarase o muro da zona, pintarase os muretes, haberá retirada do valado metálico e pintado de xogos infantís no chan. A isto adicaranse 815.361,16 euros.

Dentro desa mesma partida, tamén se contemplan 16.176,18 euros para o Parque de Os Amieiros, para fixación de pezas soltas de caucho, a instalación de valado perimetral con postes e largueiros metálicos e instalaranse paneis informativos. Por último, no Parque de Parada actuarase tamén substituindo a area por pavimento continuo de caucho e outros elementos nos xogos por 6.179,05 euros.

En Parada destinaranse 60.210,17 euros na renovación de pavimentación e humanización da rúa Tangaraño e Camiño das Antoniñas. Por outra banda, 67.500 euros irán para a ampliación do Camiño da Granxa, en Parada e adecuado ao tráfico rodado, posto que actualmente carece de firme. E por último, o Concello destinará preto de 38.000 euros á instalación de iluminación pública en LED na estrada provincial OU-519: 23 columnas de aceiro galvanizado coas correspondentes luminarias. É un dos viais máis transitados da provincia.

Artigos relacionados

Back to top button