ConcellosÚltima hora

Barbadás inicia a programación dos obradoiros da Escola de Familia

O primeiro será o 6 de outubro ás 19 horas, baixo o título “O pasado tamén conta”, que se centra na análise da forma de educar os cativos
O primeiro obradoiro será este xoves, 6 de outubro, no parque da Solaina de A Valenzá.
O primeiro obradoiro será este xoves, 6 de outubro, no parque da Solaina de A Valenzá.

O Concello de Barbadás inaugura neste mes de outubro o primeiro trimestre de obradoiros das Escolas de Familia, unha serie de talleres que definen como “abertos, dinámicos e continuos” dirixidos a pais e nais que desexan buscar respostas á hora de educar aos nenos. A primeira cita será este xoves, 6 de outubro, ás 19 horas. Baixo o tíulo “O pasado tamén conta”, a psicóloga Lara Arribas e a experta en coaching educativo, Eva Muñoz, analizarán a forma de educar aos cativos e dará na coñecer as pautas para xerar cambios positivos.

Todos os obradoiros serán impartidos por estas profesionais nas instalacións municipais do parque da Solaina, na localidade barbadesa de A Valenzá. As próximas citas serán o 27 de outubro, o 17 de novembro e o 1 de decembro, e abordarán temas como a comunicación cos fillos, a autoestima e a xestión de sentimentos como celos ou enfados. A iniciativa está organizada pola Escola de Familia da Concellería de Educación e colabora o departamento de Orientación dos colexios Filomena Dato, O Ruxidoiro e o IES Ferro Couselo, así como o Espazo Infantil.

Artigos relacionados

Back to top button