CulturaCulturaÚltima hora

O Barco recibirá 133.000 euros para rehabilitar o entorno da torre do Castro

O seu alcalde, Alfredo García, vén de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia
Detalle da Torre do Castro, no municipio do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello do Barco de Valdeorras vén de asinar un convenio de colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Vivenda para facilitar a rehabilitación de edificacións históricas. A través deste acordo, asinado polo alcalde do Barco e pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, este concello valdeorrés terá acceso ao Fondo de cooperación en materia de rehabilitación, un mecanismo dotado con 10 millóns de euros co que a Administración autonómica concede préstamos sen xuros aos municipios de menos de 50.000 habitantes para destinar a esta finalidade.

O importe que recibirá O Barco será de 133.000 euros e irá destinado á rehabilitación do contorno do Ben de Interese Cultural da Torre do Castro, na vila do mesmo nome.

O citado Fondo “ten por finalidade incentivar e implicar aos municipios galegos na recuperación e posta en valor das edificiacións ou zonas emblemáticas das vilas para o uso e desfrute dos veciños. Tendo en conta as limitacións orzamentarias dos concellos máis pequenos para acometer este tipo de actuacións, o Fondo de cooperación ofrece condicións ventaxosas nos créditos, que se conceden sen xuros”, segundo explican dende a Consellería de Infraestruturas.

O alcalde do Barco (á esquerda), coa conselleira de Infraestruturas na sinatura do convenio.

Artigos relacionados

Back to top button