SanidadeÚltima hora

Beade, único concello galego que continuará en máximas restricións

O conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa.

 

O único concello de Galicia que continuará en nivel máximo de restricións será Beade. Así o vén de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García, tras a reunión celebrada neste martes polo Comité Clínico de expertos que fai seguemento da pandemia do Covid-19.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións nos concellos de Abengondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazo de de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao.

En nivel medio estarán Vilardevós, Celanova, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimoroto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas.

No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.

O conselleiro de Sanidade tamén matizaba que estas modificación serán efectivas a partir do vindeiro venres ás 00h.

Artigos relacionados

Back to top button