O Barco de Valdeorras conta cun novo centro de estética. O martes 27 de agosto abría as portas na céntrica rúa Marcelino Suárez Nº 9 Baixo 1 Beauty Salon M & I o proxecto empresarial de Marta e Isabela centrado na beleza.
Ámbalas dúas traballaban a domicilio e ao compartir o gusto pola estética decidían formar unha sociedade e emprender co negocio no que xa levan investido moitas horas de traballo e ilusión.
Tal como explica Marta, ela encárgase dos servizos de manicura (semipermanente, acrílico, xel, semi con reforzo, nivelación,…) e pedicura (semipermanente e semi con spa (masaxe, exfoliante…); mentres que Isabela levar a parte facial (cellas, laminado de cellas, pestañas pelo a pelo, limpeza facial, etc).
De momento o horario de apertura é de 10 a 20:30 horas de luns a venres e de 10 a 14 horas o sábado. O teléfono para cita previa é: 615 21 2 642.
Fotos: O SiL.