OurenseÚltima hora

A Bela Auria reduce o formato e trasládase ao Liceo de Ourense

Este proxecto de divulgación histórica da cidade levarase a cabo este sábado, 30 de setembro, e conta cunha programación que intercala circo, música, cinema e patrimonio cultural
Roberto Figueiras e Rebeca Babarro.

A Bela Auria volve a Ourense pero, desta volta, para dicir un “ata pronto” a este proxecto de divulgación histórica da cidade que este ano sae á busca do Ourense máis decadente da época dos vinte e dos trinta. “O lado escuro da cidade”.

Dende a Asociación Cultural A Bela Auria aseguran que este proxecto “viuse obrigado a se transformar acuciado pola falta de dilixencia nos procesos administrativos en canto a permisos e subvencións”, aseguraron os membros da A.C. A Bela Auria, Roberto Figueiras e Rebeca Babarro.

Así, este proxecto levarase a cabo no Liceo, e víronse na obriga de reducir de 16 a 6 horas a súa programación “por falta de financiamento”, aseguran. Así é todo, presentan un programa moi variado “para pequenos e maiores” no que se intercalan circo, música, creatividade, cinema e patrimonio cultural. Pero este “ata pronto” non é un adeus para sempre xa que, dende a organización sinalan que esa falta de financiamento só obriga a crear formatos máis pequenos.

Cartel co programa.

 

Artigos relacionados

Back to top button