
O vindeiro domingo 18 de decembro a partir das 16h. zona do Cabo da Vila, en Viana do Bolo, convertirase nun enorme belén vivinte ao aire libre. Esta escenificación cobrará vida novmente grazas á participación das asociacións, da parroquia e da veciñanza deste municipio.
Neste “Barrio de Belén” recrearanse diferentes escenas propias do nacemento como: o Portal, a Anunciación, os Reis Magos, así como unha carpinteiría, unha pousada, un mercado, Herodes e os soldados romanos, os Reis Magos e, por suposto, o Portal de Belén.
Este nacemento vivinte forma parte do programa de Nadal do Concello de Viana do Bolo.