Coa posta en marcha do antigo muíño de Bendilló cobraba vida ás 11:30h. mañá do 28 de maio a 17ª Mostra do Aceite de Quiroga. Moi preto do muíño, onde se realizaban demostracións de moenda tradicional de olivas, instalábase o recinto, onde podían degustarse e mercarse os aceites de cinco colleiteiros quirogueses: Pedro Soto Losada, José Manuel López Maseda, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez e Manuel Mondelo Rodríguez. Ademais, a mostra contaba con outro tipo de produtos típicos da zona como licores, mel ou marmeladas artesanas, xunto con doces e artesanía en madeira.
O programa do certame, que atraía a numeroso público, incluía asemade a mediodía unha cata dos aceites participantes da feira no interior da Capela das Farrapas, ao carón do muíño. E o ambiente estaba animado ao longo da mañá pola actuación de diversos formacións de música da zona: Os Palletas, o grupo de danza San Martiño, a Banda de gaitas San Martiño e o grupo de gaitas O Recanto.
O público tiña tamén a posibilidade de xantar no mesmo recinto feiral, onde había unha zona con pulpo e churrasco. Esta mostra está declarada festa de interese turístico de Galicia.
Fotos: Carlos G. Hervella