CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Beni Rodríguez presenta “Toro: Lembranzas dunha aldea” na Biblioteca de Verín

Publicidade

De recordos e vivencias se nutre o libro “Toro: Lembranzas dunha aldea” de Beni Rodríguez. A autora presentaba este traballo na tarde do 11 de agosto na Biblioteca Municipal de Verín.

Beni Rodríguez Requejo (Ourense, 1966), diplomada en enfermería pola Universidade de Estremadura, é unha namorada da súa aldea, Toro. Neste traballo recolle o sentir do seu pobo, de boca dos seus habitantes.

Anterioremte xa realizara unha exposición fotográfica que compartía no ano 2010 cos seus veciños. Esa mostra podía verse tamén na biblioteca e a súa clausura coincidía co acto de presentación do libro.

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button