Botando man novamente das historias imaxinadas e narradas polo ourensán Carlos Casares, entre outras, os voluntarios da Biblioteca de Verín desenvolvían a actividade de contacontos “Por un monte vivo” na tarde do 29 de decembro no polideportivo.
“Esta actividade pecha o ciclo de actividades deste fantástico ano 2017. Sobre este contacontos recibimos as felicitacións de Xabier Casares (irmán de Carlos Casares) e ademais a acuarela realizada ex profeso por Noelia Gallego, formará parte da Fundación Casares”, aseguran dende a Biblioteca Municipal de Verín.
Foto: Biblioteca Municipal de Verín.