CulturaCulturaÚltima hora

A “Biblioteca no fogar” do Carballiño achega a lectura a maiores e discapacitados

Os voluntarios de Cruz Vermella achegarán ás casas dos usuarios a lista de títulos dispoñibles e axudarán a facer o carné aos interesados
O servizo será xestionado polos voluntarios de Cruz Vermella.

A concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal do Carballiño veñen de pór en marcha unha nova iniciativa de préstamos de libros dirixida ás persoas maiores de 65 anos ou ben a aquelas que posean unha discapacidade igual ou superior so 33%. “Trátase de achegar os libros ata os seus domicilios, sen necesidade de ter que desprazarse ata a Biblioteca para acceder aos fondos de lectura”, apuntaron dende o consistorio.

Este novo servizo municipal de préstamo a domicilio denomínase “Biblioteca no fogar” e contará coa colaboración do voluntariado da Cruz Vermella. Deste xeito, os voluntarios da Cruz Vermella, que xa visitan habitualmente estes domicilios para axudar ás persoas maiores que o necesitan, facilitarán o seu rexistro como usuarios da Biblioteca e achegaranlle o listado actualizado do fondo bibliográfico e de lectura, así como os propios libros que demanden.

Con este servizo “preténdese que ningún veciño ou veciña se quede sen poder ter acceso á lectura, libro ou calquera tipo de publicación dispoñible na biblioteca, polo feito de non poder trasladarse ata alí”, recalcaron.

Artigos relacionados

Back to top button