Deportes

Big Ride Manzaneda, Open de España de enduro

“Avalancha” o 7 e 8 de setembro
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Despois das probas en Ojen (Málaga), Tui (Pontevedra) e Cercedilla (Madrid) os tres na modalidade de enduro, a final do Big Ride 2013, Open de España de enduro chegará ao concello de Manzaneda na modalidade avalancha (cun prólogo de enduro).

A proba, que se desenvolverá os días 7 e 8 de setembro, discorrerá sobre un trazado duns 16 quilómetros que parte dende o punto máis alto do Bike Park da Estación de Montaña atravesando castiñeiros, trialeiras e regatos, ata acadar a meta na praza Maior do Concello de Manzaneda.

A saída é conxunta, de aí o de avalancha, tódolos participantes saen a un tempo a modo de batallón e a súa posición será en base á orde do dorsal (asignado segundo a orde de envío de inscrición). O ganador é o primeiro que cruce a meta.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button