Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

BNG do Barco: “Traballaremos duramente para non defraudar tanta confianza en nós”

Así o vén de sinalar esta forza política, que pasaba de 1 a 3 concelleiros neste municipio, nun comunicado de prensa

 

O BNG do Barco vén de emitir este mediodía un comunicado de prensa para amosar “a confianza depositada en nós por eses mil sesenta e un veciños e veciñas do noso concello. Seremos a vosa voz e a de todos e todas que así o queiran no Concello. Traballaremos duramente para non defraudar tanta confianza depositada en nós”.

Dende esta formación política, cuxa candidatura encabezaba Suso Vilasánchez, tamén se indica que “no BNG do Barco tiñamos dous obxectivos fundamentais nas eleccións deste 28 de maio. Un, aumentar e consolidar a nosa representación no Concello do Barco, algo que conseguimos grazas ao ao apoio da veciñanza, pasando de un a tres representantes. Outro, que o actual alcalde perdese a maioría absoluta para que no Concello houbese outra maneira de gobernar, contando con todos os veciños e veciñas. Por moi poucos votos non o conseguimos, mais comprometémonos a traballar duramente para que tamén vexamos pronto este obxectivo cumprido. Do mesmo xeito, faremos todo o posible para convencer a esa gran porcentaxe de persoas que se abstivo e non quixo participar no proceso electoral. Tamén intentaremos demostrar a quen escolleu outra opción política que o proxecto do BNG é o mellor para O Barco, e así termos a súa confianza”.

Así mesmo, desde o BNG do Barco agradécese “ás militantes e simpatizantes todo o traballo realizado ao longo da campaña e precampaña, así como todo o apoio e forza que nos destes as persoas coas que iamos falando. Igualmente, grazas aos medios de comunicación que nos permitiron achegar o programa e as nosas ideas á cidadanía. Desde xa, o BNG do Barco será a vosa voz no Concello”.

Artigos relacionados

Back to top button