DeportesÚltima hora

Bo papel dos atletas valdeorreses Aarón Pérez e Sergio Fernández coa Selección Galega Sub16 en Asturias

Selección galega Sub16 que acudía a Xixón, contando con dous valdeorreses./ Foto: FGA.

 

“Excelente comportamiento da selección Galega Sub16 esta fin de semana no Campionato de España por Federacións autonómicas desenvolto en Asturias”, é a valoración que vén de facer pública a Federación Galega de Atletismo da actuación do combinado galego nesta competición nacional, no que participaban 16 seleccións. Na clasificación, a selección galega remataba nos postos de honra logo de acadar o cuarto posto na categoría feminina e o sexto na masculina.

A ese cuarto posto da masculina contribuían os resultados dos dous atletas valdeorreses, do Club Adas Cupa, convocados para esta cita: Aarón Pérez e Sergio Fernández. Pérez lograba un quinto posto no triplo cun rexistro de 12.94 m. Ademais conseguía unha quinta posición na proba de 4×100 (xunto a Nuno Castro Albán, Manuel Vázquez Pérez e Pedro Reino Campos) e facíase co récord galego nesta proba Sub16 cunha marca de 45.49. Pola súa banda, Sergio Fernández conseguía outro quinto posto en peso con 12.92 m.

Artigos relacionados

Back to top button