ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Boa acollida do festival de micro cine de verán ‘Naturalmente, no noso pobo’ en Vilariño de Conso

 

Na tarde-noite do luns 31 de xullo, a localidade de Vilariño de Conso acollí o festival de micro cine de verán “Naturalmente, no noso pobo”, organizado pola plataforma para loitar contra o despoboamento ‘Vente a Vivir a un Pobo’ e Iberdrola.

Esta iniciativa busca “poñer en valor a calidade de vida dos pequenos pobos do noso país, fronte aos grandes macro eventos organizados noutros lugares” e no festival exhibiuse unha selección de producións audiovisuais de microcine, de menos dun minuto de duración cada unha, que foron premiadas en diversos concursos sobre sustentabilidade organizados por Cultura Inquieta. O acto tiña lugar na praza onde se reuniron “máis de 200 persoas entre veciños e veraneantes da zona, que foron convidados a flocos de millo e refrescos, como corresponde a unha boa sesión de cinema”, explican dende a organización.

 

Os asistentes foron convidados a flocos de millo.

 

Antes da proxección, o xornalista e creador de ‘Vente a Vivir a un Pobo’, Ramón Pradera, fixo unha breve presentación poñendo de manifesto que “os pobos teñen un potencial enorme para que, quen queira instalarse neles, poida desenvolver un proxecto persoal e profesional con garantías de éxito. Xa abonda de falar da España baleirada; é o momento de falar da España das posibilidades. Este festival é unha festa para reivindicar a calidade de vida do mundo rural”.

A iniciativa percorre distintas localidades da xeografía española co fin de impulsar a oferta cultural no mundo rural, con proxeccións en Villariño de Conso, Muelas del Pan (Zamora), Villayón (Asturias), Alcolea (Toledo) e Usagre (Badaxoz). Pola súa banda, Iberdrola colabora nesta acción cultural dada a súa vinculación histórica ao mundo rural, onde ten as súas raíces e onde na actualidade desenvolve importantes proxectos de enerxía renovable que impulsan o crecemento e o emprego, contribuíndo a evitar o despoboamento.

Artigos relacionados

Back to top button