Non houbo medallas pero os karatekas barquenses volven con bo sabor de boca tralo seu paso polo Campionato de España de Karate Sub 21, Júnior e Cadete.
Era primeira vez que Brian Rodríguez, Enzo Prieto (ambos do KC River Stone do Barco) e Jacobo Casado (KC Maceda) competían en equipo (Cadete-Júnior) nun campionato de España e defendíano moi ben. Non pasaban o corte pero “fixeron unha moi boa actuación”, aseguran dende o club valdeorrés.
Tanto Brian (Cadete) como Enzo (Júnior) competían tamén individualmente, sendo Brian Rodríguez o único que lograba pasar á seguinte ronda.
Fotos: RFEK.