A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Boa parte dos operativos realizados por Protección Civil da Rúa no ano 2020 foron derivados da pandemia

En total realizaron 492 servizos dos cales 261 foron nos meses de confinamento

 

A pandemia de coronavirus marcou o ano 2020. Non só a nivel sanitario e económico, senón tamén social, centrando boa parte da actividade realizada pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Así se desprende da memoria feita pública pola agrupación do Concello da Rúa que levou a cabo 492 operativos, dos cales máis da metade (261) realizáronse durante os meses de confinamento (marzo, abril e maio).

Traducido en tempo, os 29 voluntarios que forman parte desta agrupación desenvolveron tarefas por un total de 1.670 horas, en operativos como a Cabalgata de Reis, feiras, espectáculos deportivos, cine ao aire libre, numerosas retiradas de niños de velutina e sobre todo actividades relacionados coa pandemia.

 

Un voluntatio de Protección Civil da Rúa, retirando un niño de velutina. /Foto cedida.

 

Nese apartado, os principais traballos especialmente nos meses de confinamento, foron de aviso sobre normativas ou a entrega de medicamentos, libros e alimentos, colaborando nos labores de desinfección das rúas e encargándose tamén de celebrar aniversarios de nenos e maiores para facer un pouco máis especial esa data tan complicada. Foron meses duros xa que estes voluntarios, do mesmo xeito que o resto da poboación, descoñecían como funcionaba o virus, debendo extremar as medidas de precaución.

A última actividade, tamén vencellada á pandemia, pero neste caso relativa á vacinación, é o traslado de veciños que non dispoñen doutro medio de transporte, ata o punto de vacinación (Hospital Público de Valdeorras ou Centro de Saúde do Barco), a través dunha iniciativa do Concello.

No ano 2020, a AVPC da Rúa tamén atendeu 100 chamadas de Emerxecias 112, asistíu a 5 accidentes de circulación, a 4 incendios, á apertura dunha porta e a 2 rescates de cegoñas.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas

Artigos relacionados

Back to top button