DeportesÚltima hora

Boa xornada de caza para a peña A Nogueira de San Xoán de Río

 

Aínda que a Xunta decretou a emerxencia cinexética temporal pola cantidade de xabaríns existentes en Galicia, a maioría dos días os cazadores volven para casa sen nada. “Que hai emerxencia díceno as persoas que están sentadas nun despacho porque non saben cal é a realidade do rural. Teñen que vir aquí para vela”, asegura Iago Cereijo, responsable de batida da Peña A Nogueira de San Xoán de Río que, despois dun mes moi duro e días sen ver un xabarín, na xornada deste xoves 12 de outubro, lograban unha boa abatida.

 

 

“Hoxe viñemos cazar á Fraga do Aciveiro e déusenos ben, a verdade. Días como estes hai poucos porque collemos oito xabaríns e algún máis que escapou”, asegura Iago.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button