EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Boas sensacións no arranque do Barcoulet do Barco, que se prolongará ata o venres

Ademais, para animar o espazo comercial a batucada Latexo Percusión percorrerá o venres as principais rúas do Barco

 

As oportunidades e as ofertas saen á rúa no Barco. Dende onte está en marcha a primeira edición do Barcoulet, unha campaña organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) que poñerá punto e final ás rebaixas de verán con grandes descontos en produtos da tempada estival. Máis de vinte establecementos comerciais están a participar nesta iniciativa que se desenvolverá na semana do 23 ao 28 de agosto achegando interesantes ofertas e amosando os seus produtos en mesas ou expositores a pé de rúa.

A campaña arranca ademais con moi boas sensacións, na xornada do luns notábase movemento, e especialmente interacción cos expositores e produtos colocados na rúa.

Os establecementos participantes son os seguintes: Ana de la Puente, Baamonde, Boutique Glory, Boutique Suá, Can-Can, Comercial Vedo, D’Chus, Eneska, Estética Pamen, Ferretería Moncho, Garoba, L’araña, Librería Murciego, Librería Praxis, Marylebone, Miranda X, Nº 37, O Bambán dos Sorrisos, Palpie, Pizpireta, Ton y Son e Zapatería Moral.

Os clientes poderán identificar os comercios participantes a través dun cartel promocional, ou consultar a información da campaña na páxina web www.obarcoccaberto.com.

Ademais durante o Barcoutlet, a batucada Latexo Percusión percorrerá as principais rúas do Barco animando o espazo comercial e de lecer. A actuación está fixada para o venres 27 de agosto a partir das 19:00 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button