Non fixeron podio. As medallas a este nivel véndense caras. Pero así é todo o River Stone do Barco volvía con moi boas sensacións de Ávila onde se disputou a penúltima rolda da Liga Nacional de Karate infantil coa participación de dez karatekas valdeorreses na modalidade de kata.
Na xornada do sábado 4 de novembro competían a categorías masculinas con 6 cativos do River Stone nos tatamis: Manuel Blanco, Raúl Pérez, Brian Rodríguez, Éric Rodríguez, Nazan Barreda e Diego Prada. Cinco deles pasaban a primeira rolda e Nazan estivo a piques de pasar tamén a segunda, quedando ás portas da terdeira.
Na xornada deste domingo 5 de novembro era a quenda das categorías femininas con 4 deportistas do River Stone: Cloe Yáñez, Laia Yáñez, Leyre Paradelo e Aina Moral. Leyre e Cloe lograban pasar á segunda volta; mentres que quedaron na primeira Aina, que se desequilibrou no salto e Laia, a máis pequeniña.
A final da liga celebrarase en decembro e no caso de que algún dos karatekas quede entre os dez primeiros das súas categorías, estarán clasificados para participar. O ano pasado chegaban á final 4 valdeorreses.