Nesta fin de semana abriase en Ávila a Liga Nacional Infantil de Karate, coa primeira fase na que participaban oito karatecas de Valdeorras entre os que destaca “a actuación de Aina Moral que conseguía pasar a segunda volta e caía finalmente na terceira a escasas décimas de pasar a oitavos de final”, aseguran dende o KC River Stone.
En kata alevín masculino, Manuel Blanco caía en primeira volta, a décimas de pasar o corte; e Éric Rodríguez caía en segunda volta. En kata infantil masculino, Raúl Pérez caía en primeira volta. En kata xuvenil masculino, Diego Prada caía en primeira volta e Nazan Barreda en segunda volta. En kata alevín feminino Laia Yáñez caía en primeira volta. E finalmente en kata xuvenil feminino Cloe Yáñez caía en primeira volta mentres que Aina Moral facíao na terceira
“Por décimas no logra Aina o pase a oitavos de final”, destacan dende o club barquense. O mestres, Nicolás Rodríguez asegura que tiveron “boas sensacións” con “moitas ganas de seguir superándose”.
Fotos cedidas.