Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Brais Rodríguez, campión galego en M-12 na proba de orientación de distancia media en Muíños

 

A área recreativa do Corgo, concello de Muíños (Ourense), acollía a pasada fin de semana o Campionato Galego de Orientación 2023 de distancia media, unha citaá que asistiron máis de 200 participantes de diferentes partes de Galicia. O Club Pena Trevinca Barco asistiu con 12 representantes nas distintas categorías, que inclúen desde iniciación, pasando polo deporte de base e o federado.

A A.D. Limiactiva, club organizador, presentou unha carreira técnica, onde a interpretación da vexetación foi un elemento fundamental á hora de tomar as eleccións de ruta.

Entre as novas promesas do club Trevinca, Brais Rodríguez Cruz facíase co título de campión galego na categoría M-12 (masculinos menores de 12 anos), e entre os adultos, Remedios Durán Pernas conseguía a segunda praza na categoría F-55. Tamén asistiron Martina Aller Pfirter (6ª en F-14), María Agudo Calvelo (6ª en F-16), Diego da Torre (6º en M-21B), Sabela Agudo Calvelo (7ª en F-16) e Salvador Álvarez (9º en M-45).

Na categoría de iniciación curta os irmáns Gabriel e Martín Álvarez Pérez eran 7º e 8º respectivamente e Eva Calvelo acababa na 11ª posición. Por outra banda, Jesús Rodríguez León conseguía a 5ª praza en iniciación longa.

A liga galega de orientación continúa en 15 días na localidade pontevedresa de Oia.

Fotos: Club Peña Trevinca Barco.

Artigos relacionados

Back to top button