A RúaConcellosÚltima hora

Brinde comunitario de Fin de Ano na Rúa

 

Coa I edición da San Silvestre e o brinde comunitario despedían o 2022 na Rúa.

Se a mañá do 31 de decembro, último día do ano, tivo como protagonistas ás máis de 200 persoas que participaban na X Carreira e Andaina Popular do Nadal, a primeira en edición San Silvestre celebrada no Aguillón, a tarde tiña como protagonistas aos que se xuntaban na praza do Concello para despedir o ano brindando con cava de Almendralejo e de Éntoma, nun acto comunitario que tamén contou con fogos artificiais.

O Nadal continúa na Rúa co parque infantil no Pavillón Polideportivo Victorino Núñez (O Aguillón) que estará instalado do 1 ao 4 de xaneiro, en horario de 16 a 20 horas, con inchábeis, peluches motorizados, música e ‘photocall’. Ademais deses días tamén estará o 7 de xaneiro nese mesmo horario coma despedida do Nadal.

Artigos relacionados

Back to top button