ConcellosO BoloÚltima horaVídeos

Brinde e baile cos Reis Magos en Barxa (O Bolo)

 

Na mañá deste domingo 5 de xaneiro as SS.MM. Melchor, Gaspar e Baltasar comezaban o percorrido polos 28 núcleos de poboación do concello do Bolo.

Despois de visitar lugares como O Seixo, Chandoiro, Outardepregos, Lentellais, Celavente ou San Martiño, chegababan a Barxa, aldea bañada polo río Xares, acompañadas por un membro de Protección Civil e polo tentente de alcalde, Miguel A. García.

 

 

Unha vez na praza bailaban cos ilusionados veciños, cos que tamén brindaban (no interior da capela) polo novo ano.

Pola tarde, os Reis Magos visitarán Cambela, O Bao, Tuxe, Buxán, Outeiro, A Regueira, Celeirós, Chao do Castro, Valbuxán, Vilaseco e O Bolo.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button