DeportesÚltima hora

Bronce para o barquense José Fernández Nieves no campionato de España de marcha en ruta máster

Completaba a proba dos 10 km cun tempo de 47:52, fronte aos 46:46 do vencedor o tamén galego Iván Morales
José Fernández Nieves, no podio do nacional de marcha M35./ Foto cedida pola FGA.

 

Excelente inicio de tempada para o valdeorrés José Fernández Nieves, que viste as cores do Real Club Celta. Na pasada fin de semana competía no Campionato de España de Marcha en Ruta para atletas máster que se celebraba en Xetafe (Madrid).

O marchador barquense tomaba a saída na proba dos 10 km máster 35 que completaba cun destacado tempo de 47:52. O título da proba quedaba en mans do outro representante galego neste nacional, Iván Morales, cun tempo de 46:46.

“Este resultados supoñen un bo comezo para estes dous carismáticos marchadores que tentarán repetir os éxitos acadados na pasada tempada”, sinalan dende a Federación Galega de Atletismo (FGA) en referencia ao bronce europeo máster 2018 de Fernández Nieves e ao subcampionato do mundo máster 2018 de Morales.

 

Artigos relacionados

Back to top button