DeportesÚltima hora

Bronce para o equipo masculino do Adas no provincial de 10 km, en San Cibrao das Viñas,

Ademais lográbanse varios podios a nivel individual en categoría feminina

 

Cun terceiro posto saldaba a súa participación o equipo masculino do Club Adas Cupa no Campionato provincial de 10 km, celebrado onte en San Cibrao das Viñas. “A pesar das numerosas ausencias, os nos atletas foron quen de dalo todo e conseguir un novo podio. Parabéns”, destacan dende o club barquense.

O equipo masculino do Adas estaba formado por Akka Essaadaoui, José Manuel García, José Carlos Ferreira, Cristian Díaz, Alberto Carlos Asensio e Francisco Bao.

A título individual, dende o Adas destácase a “espectacular a marca e o posto de Pacho en M45 , primeiro e cun gran tempo, así como o cuarto posto absoluto de Akka”.

Na categoría feminina tamén houbo podios para os valdeorreses: prata e bronce para Iria Fernández e Elena Ledo na categoría máster da carreira, e segunda e cuarta respectivamente na absoluta. Ademais en máster 45 Conchy Prada lograba un terceiro posto.

Fotos: Club Adas.

Artigos relacionados

Back to top button