SanidadeÚltima hora

Brote de coronavirus en Galicia con 9 casos positivos na comarca do Barbanza

Considérase como posible orixe un caso importado de Brasil que chegou a Galicia a primeiros de xuño

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, e o director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, comparecen en rolda de prensa para informar da evolución da pandemia do coronavirus na comunidade galega.

 

Nas localidades de Ribeira e A Proba do Caramiñal, na comarca coruñesa do Barbanza, vén de detectarse un brote de Covid-19 con 9 caso positivos, con posible orixe nun caso importado de Brasil que chegou a Galicia a principios de xuño, segundo confirmaban en rolda de prensa esta tarde o xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández Campa, e o director xeral de Saúde Publica, Andrés Paz-Ares.

Fernández Campa iniciou a súa intervención sinalando que a posible orixe destes contaxios pode ser un caso importado desde o Brasil que actuou como vector de contaxio sobre un familiar que deu o primeiro positivo.

Durante a súa intervención, o xerente do Sergas subliñou que “desde o momento no que Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, o pasado venres, a Plataforma de control e vixilancia epidemiolóxica activou o seu protocolo de seguimento, realizándolle probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo”. Así, detectou un total de 9 casos positivos -8 en Ribeira e 1 na Pobra do Caramiñal-, ademais de confirmar 15 casos negativos mediante probas serolóxicas.

Fernández Campa explicou que os 9 casos positivos presentaron sintomatoloxía leve e que non precisaron hospitalización, mais teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as 15 persoas cuxas probas deron resultado negativo, permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de vixilancia epidemiolóxica.

Así mesmo, apuntou que as nove persoas cuxas PCR obtiveron resultado positivo, pertencen ao círculo familiar e de amizade da familia en que se rexistrou o primeiro casos.

O xerente do Sergas, destacou o correcto funcionamento da Plataforma de rastrexo, e lembrou á poboación galega a necesidade de continuar aplicando as medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, pondo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social.

Artigos relacionados

Back to top button