Monográfico Entroido 2012Monográficos

Buscando disfrace

O desfile o Domingo de Entroido, será o acto central en Rubiá
Foto: Beltrán Alonso
Foto: Beltrán Alonso

O acto central sobre o que xirará a celebración na localidade valdeorresa, será o desfile de comparsas previsto para o Domingo de Entroido (19 de febreiro) pola tarde, con saída dende a praza da Baicela. Nese punto do pobo daranse cita os veciños e visitantes interesados en participar no percorrido que levará á comitiva polas principais rúas da vila para rematar no pavillón deportivo onde, coma sempre, se celebrará unha festa na que todo o mundo poderá botar un baile e unhas risas, e tamén recuperar forzas despois do traxecto posto que o Condello convidará aos asitentes a “un pequeno refrixerio” adianta o alcalde Elías Rodriguez.

Cada ano por estas datas, cando faltan apenas un par de semanas para que den comezo de forma oficial os actos de exaltación de Don Carnal, a xente apura os preparativos para ter listo o seu disfrace, de forma individual ou en colaboración co resto da comparsa. Son moitos os detalles a ter en conta para non repetir idea ano tras ano e tentar ser o máis orixinal posible.

Despois vén a elaboración, as probas e por último a posta en escea. Moito traballo para lucir durante o tempo que dure o desfile e a posterior festa. O ano pasado puderon verse disfraces do máis variado, dende momias ou vampiros ata caníbales, pasando polos tradicionais indios, pallasos e esquimais ou os máis orixinais como un retrete. A fariña tampouco falta e pode verse aos asistentes, brancos da cabeza aos pés.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Beltrán Alonso
(Máis información na edición en papel do Especial Entroido de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button