DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa suma e segue trala goleada ao Leiro C.F. no Aguillón

6-1 vencían os rueses na xornada 22 da segunda división galega

Cun minuto de silencio polo falecemento do xogador e adestrador alaricano Luís Cid “Carriega” a petición do seu íntimo amigo “Purrela”, comezaba o partido da xornada 22 no campo rues do Aguillón entre o C.D. Rúa e o Leiro C.F.

Un gol temperán de Álex (minuto 13) adiantaba aos locais no marcador aínda que houbo que esperar ata o minuto 44, ás portas do descanso, para que Carlos anotara o segundo. Xa na segunda parte, Álex volvía marcar para o Rúa (48′) e malia que os visitantes recurtaban distancias no minuto 53, ese sería o único tanto do Leiro que vía como os rueses seguían sumando. Rober marcaba no 59′ e Wilber facía dobrete cun gol no 68′ e o sexto e definitivo no 71′.

Con este resultado, o equipo sénior do C.D. Rúa suma a terceira vitoria consecutiva, situándose no quinto posto da clasificación, empatado a puntos co cuarto, o Sporting Carballiño.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button