CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Cabalgata de Reis e belén vivinte, en Viana do Bolo

Coa tradicional Cabalgata de Reis, que remataba no pavillón, os nenos/as e os maiores podían achegarse e saudar aos Magos en Viana. Chegaban ao pavillón municipal ao redor das cinco e media da tarde. Alí os máis pequenos podía falar con eles e ademais recibían un pequeno agasallo. Ao mesmo tempo, e como vén sendo costume, en Viana recreábase no pavillón un belén vivinte.

Ademais no pavillón podían gozar dos inchables que estarán abertos aos nenos o día 6 de xaneiro. O punto final desta xornada de visita real estaba marcado por unha gran chocolatada para todos os asistentes. A iniciativa contaba coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Bibei de Viana do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button