ConcellosManzanedaÚltima hora

Cabalgata de Reis pola vila de Manzaneda, seguida dun espectáculo de maxia

 

Ata o colexio de Manzaneda chegaban arredor das seis da tarde os Reis Magos a Manzaneda. Alí, subíanse nun vehículo especialmente engalanado para eles, no que, acompañados dos seus paxes, iniciaban a tradicional cabalgata de Reis pola vila, con paradas en puntos como a residencia da terceira idade.

Tras o traxecto, no que se contaba coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil, os asistentes dirixíanse ao Centro de Día, onde podía desfrutarse dunha chocolatada, seguida do espectáculo “Estación de Maxia”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button