PolíticaÚltima hora

Caballero visita Ourense acompañado de Ángel Gabilondo, ex ministro socialista

 

Nesta xornada de 2 de novembro o secretario o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estaba acompañado do ex ministro Ángel Gabilondo, actual portavoz socialista na Asamblea de Madrid. A súa axenda electoral principiaba en Santiago, logo visitaba Ourense e remataba en Pontevedra.

Nesta campaña “hai moito en xogo”, dicía Caballero, “porque decidimos entre “os avances” que representa o PSOE e “o retroceso” que implica nos nosos dereitos e liberdades a unión das dereitas coa ultradereita”. E, neste punto, Ángel Gabilondo apostilou: “Que ningúen dubide de que a dereita, se pode, sumará”.

No encontro que mantiñan en Ourense coa cidadanía, o secretario provincial do PSdeG, Rafael Villarino, sinalou que as “similitudes entre os pactos indignos da dereita, baseados no xogo sucio, que impediron gobernar á esquerda” tanto en Ourense como en Madrid. “Os socialistas mantivemos a dignidade e agora podemos dicirlle á xente que, de novo, ten que saír a votar para seguir a progresar” porque “somos a única posibilidade que ten Ourense fronte ó retroceso da dereita”, concluíu.

Pola súa banda, a cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Ourense, Marina Ortega, dixo que “non queremos unha política de goberno marcada pola ultradereita desde o Consello de Ministros”, polo que “temos encher as urnas de igualdade e de dereitos”.

“Se a dereita quere desmobilizar, fagamos todo o contrario”, destacou. “Nesta provincia somos expertos en retroceder porque estivemos sempre gobernados pola dereita”, denunciou tras recordar algunhas das grandes infraestruturas de Ourense desbloqueadas durante a presidencia de Sánchez como o tren de alta velocidade ou o museo arqueolóxico.

Artigos relacionados

Back to top button