ConcellosEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Cabo da Vila pon o broche ao Entroido de Viana do Bolo

Esta zona da localidade acollía o xa tradicional enterro da sardiña na tarde do Mércores de Cinsa

 

Arredor das oito da tarde poñíase en marcha o cortexo fúnebre. Unha xigantesca sardiña percorría a vila de Viana do Bolo na noite do Mércores de Cinza ata chegar ao Cabo da Vila. Alí era queimaba ante as miradas de multitude de persoas que, deste xeito, despedían definitivamente o Entroido 2020 en Viana do Bolo.

 

 

Este acto multitudinario, organizado dende hai décadas polos veciños de Cabo da Vila, constitúe xa un referente do Entroido vianés. Despois da queima da sardiña, os asistentes defrutaban dunha sardiñada, acompañada de viño e, como sobremesa, unhas deliciosas torrexas elaboradas polas mulleres do Cabo da Vila. Sen dúbida, o mellor xeito de poñerlle broche á festa máis importante do ano en Viana.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button