A organización Segredos do Pantón organiza a iniciativa “Cacemos xuntas os vertedoiros ilegais”, cuxo obxectivo é atopar tódolos puntos de vertidos ilegais para facerllo saber ás autoridades. Comezou o pasado 19 de xullo e rematará o 30 de setembro.
A actividade consiste en si ves un vertido ilegal, enviar unha foto á organización; ben ás redes sociais de “Segredos de Pantón”, ao correo segredosdepanton@gmail.com, ou ben ao teléfono 662 669 223.
Ademais, as persoas que máis lugares envíen gañarán distintos premios. O primeiro será un lote de productos “O Fogar dos Soños”, e unha botella de Vertixe e outra de Oh my God. Así, o segundo gañará unha botella de mencía de Almanova de AlmadasDonas, ademais dun bote de mel e unha botella de aceite da man de Panadería Tarrazo. Por último, o terceiro premio será o libro “O raposo Rufo en O coidado do medio” de Estudio Gnomo.