EconomíaEconomíaÚltima hora

“Cafeína Dixital”, unha proposta para mergullar aos empresarios na era dixital, o 23 de maio no Barco

Esta actividade, promovida por AEVA en colaboración coa Oficina Acelera Peme, terá lugar ás 16h. no Multiusos

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) colabora coa Oficina Acelera Peme (OAP) de INEO na organización do evento “Cafeína Dixital”, unha “oportunidade para mergullarse no mundo da dixitalización e descubrir as ferramentas dispoñibles para impulsar os seus negocios en liña”. Terá lugar o 23 de maio, de 16:00 a 17:30 horas, no Salón Multiusos do Concello Barco de Valdeorras. A charla será impartida por Luis Rey Fernández-Arruty, director de operaciones INEO.

A asociación entende que, “nun mundo cada vez máis dixitalizado, é fundamental que as empresas aproveiten ao máximo as ferramentas dispoñibles para manterse competitivas e adaptarse ás novas demandas do mercado”, e neste senso, esta xornada proporcionará información e oportunidades de networking “que lles axudarán a impulsar o seu negocio na era dixital”.

Baixo o lema “Esperta o teu Negocio na Era Dixital”, Cafeína Dixital achegará as axudas e subvencións dispoñibles, como o Kit Dixital, deseñado para financiar a transformación dixital das empresas.

A inscrición é gratuíta e obrigatoria e pode realizarse a través da seguinte ligazón:
https://forms.gle/C6RwWA45utGVSi5C7

Máis información:
aeva@empresariosdevaldeorras.com

Artigos relacionados

Back to top button