CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Calle Sonora presenta ‘Sastre’ o novo tema de Sr. Jingles

 

Sen prisa pero sen pausa. Sr. Jingles, banda de rock liderada polo barquense Ramiro Núñez, segue dando pasos cara o seu novo traballo discográfico e, entre actuación e actuación, vai deixando pistas do que será o seu segundo disco. Nesta ocasión vén de presentar ‘Sastre’ un novo tema gravado por Calle Sonora no Museo do Pobo Galego.

Calle Sonora é un proxecto audiovisual creado por Daniel Tello e Pablo Sánchez cuxo obxectivo é lograr que cada grupo teña un vídeo “diferente e único ao do resto”, polo que nunca repiten localización. No caso de Sr. Jingles, o anterior tema ‘Volver’ foi gravado en Moradas no Ulla, cabañas na natureza galega, e para ‘Sastre’ decantáronse por un peculiar espazo no museo que lle dá un aire especial ao vídeo, fieis ao seu estilo.

 

Artigos relacionados

Back to top button