ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVilamartín

Camiñata solidaria pola Senda Verde do Río Farelos (Vilamartín) a prol da Cruz Vermella Valdeorras

Máis de 200 persoas participaban nesta andaina benéfica que se celebraba na mañá deste domingo

 

Dende Arcos (Vilamartín de Valdeorras) partía ás 9:30h. deste domingo 18 de xuño a VII Andaina Solidaria da Cruz Vermella, seguindo o percorrido da Senda Verde do Río Farelos. Unhas 250 persoas se inscribían nesta iniciativa benéfica (cunha inscrición de 8 euros), das que unhas 210 tomaban a saída e podían escoller entre dous traxectos: un de 7 km de dificultade baixa e outro de 11 km con dificultade media.

 

 

Ao remate da andaina, a organización sorteaba entre os participantes varios artigos doados por establecementos do Barco, incluíndo un xamón.

Esta andaina ten sido organizada pola Cruz Vermella Valdeorras en colaboración co Concello de Vilamartín, Andarines de Arcos e Jose Parra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button