O grupo Cafersa pon en marcha este verán o seu Campamento de reforzo educativo para todos os fillos/as dos traballadores/as das empresas que forman este grupo. O campamento, que ten previsto iniciarse o 1 de xullo, “xurdiu dunha necesidade que tiñan os seus traballadores/as para conciliar coa súa vida familiar e laboral. Queremos que sexa unha iniciativa que se consolide ao longo dos anos e un punto de partida a outras propostas que poden xurdir desa índole”, explican dende este grupo empresarial.
O custo do campamento está cofinanciado no seu maior parte por Cafersa e a outra parte polos traballadores/as. O campamento desenvolverase durante o mes de xullo de luns a venres en horario de mañá, e constará de talleres de reforzo matemático e lingüístico, informática, manualidades, teatro, talleres científicos. Trátase dun campamento de reforzo educativo no cal os alumnos/as reforzarán e adquirirán os seus coñecementos cunha base metodolóxica lúdica.
Terá lugar no Centro de Formación CIX, paseo do dique 12 do Barco de Valdeorras.
Más información e inscricións no teléfono 620769239/649975345.
