DeportesPiraguismoÚltima hora

Campionato galego K2 de prebenxamíns, benxamíns e alevíns, o sábado en Quiroga

 

Augasmestas, en Quiroga, acollerá o vindeiro sábado 24 de setembro o Campionato Galego de Piraguismo K2 Alevín, Benxamín e Prebenxamín masculino e feminino.
Esta competición está organizada pola Federación Galega de Piraguismo e o Concello de Quiroga.

“Este Campionato voltará a encher de nenos e nenas de toda Galicia o enclave maravilloso de Augasmestas”, destaca o concelleiro de Deportes de Quiroga, Andrés Novoa.

Os horarios das diferentes saídas das categorías presentes na competición son os seguintes:

11:00 Prebenxamín m/f
11:20 Benxamín b m/f
11:40 Benxamín a m/f
12:00 Alevín b fem
12:20 Alevín a fem
13:00 Alevín a masc

Artigos relacionados

Back to top button