CulturaCulturaÚltima hora

Cancelada a XXX Semana de Cine do Barco

O Cine Club Gorucho Marx está traballando nun proxecto alternativo para setembro

Cartel e programación da pasada edición da Semana de Cine, no exterior do Teatro Lauro Olmo. / Foto: A.R.

 

Os veciños de Valdeorras non poderán desfrutar este verán da popular Semana de Cine. O evento, que debería celebrar este ano a súa trixésima edición, estaba programado para finais de agosto, como é habitual. Finalmente, a organización decidiu cancelar a actividade como medida preventiva no contexto de crise sanitaria.

Dende o Cine Club Groucho Marx, organizador da actividade, destacan que a pesar de que este ano non haberá Semana de Cine, xa están a traballar “nalgún tipo de programación alternativa para o mes de setembro”.

Noites de Cine

O Cine Club Groucho Marx, en colaboración coa concellería de Cultura do Concello do Barco tamén realiza este verán unha serie de proxeccións ao aire libre que comezaron o pasado 11 de xuño con “Midway”, de Roland Emmerich, e prolongaranse ata o 27 de agosto. Os visionados son todos os xoves e por primeira vez fanse en distintos puntos do municipio co fin de achegar máis facilmente ao público. A próxima cita será ás 22:45h deste 23 de xullo con “SuperLópez”, de Javier Ruíz Caldera, nas pistas deportivas de Calabagueiros.

 

Artigos relacionados

Back to top button