CulturaCulturaÚltima hora

Cancélase a obra “Movendo os marcos”, prevista para o 12 de xullo no De Perto

 

Dende a organización do ciclo “De Perto” vén de informarse da suspensión dun dos espectáculos incluídos neste festival da palabra que promove o Concello do Barco. Trátase de “Movendo os marcos”, unha obra de teatro que tiña previsto representar o vindeiro 12 de xullo Furafollas Agrupación Teatral ás 20:30h. no Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco).

O motivo da suspensión é a indisposición dun dos actores. Dende a organización do ciclo indícase tamén que se intentará programar novamente esta función o antes posible.

 

Artigos relacionados

Back to top button