AutomobilismoDeportesÚltima hora

Cancélase o 7º Rallyemix de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”

A cita automobilística estaba prevista para os días 7 e 8 de novembro

Foto: Dyana Belay.

 

A Escudería Barbadás que tiña previsto celebrar a sétima edición do Rallyemix de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”, os vindeiros 7 e 8 de novembro de 2020, vén de comunicar a súa cancelación definitiva por este ano.

“Despois de todos os esforzos por parte da organización, da extraordinaria colaboración do Concello de Barbadás e os seus responsables, do apoio da Federación Galega de Automobilismo que estivo ata o último momento prestando toda a súa colaboración para sacar adiante esta proba, dos patrocinadores e colaboradores sempre ao noso carón, a pesar das dificultades, vémonos na obriga de tomar a triste decisión de cancelar a celebración do 7º Rallyemix de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”, explican dende a Escudería.

Aseguran que o avance da pandemia e as medidas excepcionais que debemos acometer neste intre, “non permite garantir a seguridade dos participantes, afeccionados e veciños de Barbadás durante a súa celebración”. Din que a Escudería comparte coas autoridades a prioridade da saúde, por riba de todo, e non quere poñer en risco por un soio momento a de una soa persoa que poidera participar en calquera faceta da nosa proba deportiva.”É o momento de arrimar o lombo para tentar erradicar esta lacra e desexar que o vindeiro ano nos permita recuperar a nosa afición e celebrar como se merece o Rallyemix de Barbadás”.

Artigos relacionados

Back to top button