CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Candea abre o programa de Nadal en Viana co seu festival na Casa da Cultura

 

Un ano máis a Coral Polifónica Candea forma parte do programa de Nadal en Viana do Bolo co seu tradicional festival que neste 2023 celebrábase na tarde do xoves 21 de decembro na Casa da Cultura.

Foi coma sempre un emotivo e animado concerto que contou coas actuacións dos alumnos de piano das Escolas Musicais do Concello de Viana do Bolo e da Escola de Música de Candea, da Banda Escola de Música de Candea e da Coral Polifónica Candea.

O evento musical, co que desexaban un bo Nadal a todos os asistentes e que remataba cunha cea, estaba organizado pola Coral Polifónica Candea coa colaboración do Concello e da oficina de Viana do Santander.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button