
Chega o Nadal e a Coral Polifónica Candea forma de novo parte do programa en Viana do Bolo co seu tradicional festival que neste 2022 celebrarase o vindeiro venres 16 de decembro na Casa da Cultura, coa colaboración do Concello.
Será a partir das 19:30 horas e contará coa actuación das tres agrupacións da asociación: a escola de música, a coral e a banda.