DeportesÚltima hora

Candela Novo, do Rúa Valdeorras CF, xogará no I partido Galicia Norte-Galicia Sur

O encontro, que contará con xogadoras de todos os equipos galegos de fútbol feminino, celebrarase este domingo en Cambados
Candela Novo nun partido no Aguillón da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Co dobre obxectivo de promover o fútbol feminino e a integración de todo o fútbol feminino en Galicia, e da man do concelleiro de Deportes do Concello de Cambados, Víctor Caamaño, e do director da Revista do Fútbol Feminino, Carlos Castro, nace o primeiro Galicia Norte-Galicia Sur, un partido entre unha selección de Galicia Norte e outra de Galicia Sur, formadas polas mellores futbolistas galegas de todas as categorías. Das convocatorias e a dirección de ámbolos dous combinados encárganse Manu Sánchez, adestrador do Deportivo, e  Chicho Val, do Atlántida Matamá.

Formando parte do combinado Sur estará Candela Novo López, natural do Barco de Valdeorras e xogadora do Rúa Valdeorras CF. O adestrador do equipo valdeorrés, Ricardo Basteiro explica que foi o director da revista quen se puxo en contacto con para que lle recomendara a unha das súas xogadoras. “Pola súa idade, porque ten cualidades e tamén progresión eu pensei en Candela, e despois de falar con ela e co presidente do club, formará parte do equipo aínda que non sabemos cantos minutos xogará”, di o míster.

O partido xogarase o domingo 25 de xuño ás 12:30h. e pola tarde haberá unha gala no auditorio municipal do municipio arousano.

Artigos relacionados

Back to top button