ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

Caravana solidaria do colexio Divina Pastora para colaborar coa Operación Kilo de Cáritas, no Barco

 

Un ano máis alumnos e profesores do Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras participaron na caravana solidaria de Nadal.

 

 

Por grupos de idade, dende os pequenos de 5 anos ata os maiores, na mañá deste venres 15 de decembro, fóronse desprazando ata a sede de Cáritas para colaborar coa campaña Operación Kilo, facendo a súa aportación ao banco de alimentos. Algúns dos alumnos incluso axudaban á traballadora social e ás voluntarias a colocar os alimentos que ían recibindo nos estantes que pouco a pouco volven estar cheos.

 

 

Con adornos nas cabezas (gorros, cornos de reno, cintas de cores,…) os pequenos deixaban o seu kilo solidario (de legumes, arroz, galletas, pasta,…) antes de facer a tradicional foto no adro da igrexa de Santa Rita, na praza do Príncipe. Despois os de 4º foro repartir as postais de Nadal polos comercios do Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button