ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Caravana solidaria do Colexio Plurilingüe Divina Pastora a Cáritas

Os alumnos fixeron a súa aportación ao banco de alimentos dentro da campaña Operación Kilo da organización benéfica

O Nadal chegou xa ao Colexio Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras. Nótase no fermoso e orixinal nacemento creado polos alumnos e aberto ao público dende hai uns días; na decoración do centro; e tamén na caravana solidaria protagonizada por alumnos e profesores.

Por grupos de idade, dende os pequenos de 5 anos ata os maiores, na mañá do 17 de decembro, fóronse desprazando ata a sede de Cáritas para colaborar coa campaña Operación Kilo, facendo a súa aportación ao banco de alimentos. Non é a primeira vez que o centro participa nesta iniciativa pero si que algúns dos alumnos se ofrecían como voluntarios para axudar á traballadora social a colocar os alimentos que ían recibindo nos estantes que pouco a pouco volven estar cheos.

Con adornos nas cabezas (gorros, cornos de reno, cintas de cores,…) os pequenos deixaban o seu kilo solidario  (de legumes, arroz, galletas, pasta,…) antes de facer a trdicional foto no adro da igrexa de Santa Rita, na praza do Príncipe.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button