OurenseÚltima hora

Carballiño celebrará o Shopping Day con algún cambio

Terá lugar mañá, venres 19 de xuño, e participarán 43 establecementos

A Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto retoma mañá, venres 19 de xuño, as súas campañas de dinamización coa celebración do Shopping Day. Sen embargo, debido á situación actual haberá algún cambio, xa que non esta ocasión non haberá pasarela de moda, nin animación de rúas por mor da separación e para evitar posibles aglomeracións.

 

Cartel da actividade.

 

Os establecementos participantes son un total de 43, dos cales 36 son comercios que ofrecerán aos clientes descontos e promocións en artigos de tempada, ampliando o horario ata as nove da noite; e 7 son establecementos hostaleiros que colaboran agasallando tapas a cada cliente que cando merque nos comercios recibirán una invitación para dita degustación.

Como en edicións anteriores, e continuando coa dinámica da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, premiarase a fidelidade dos clientes, os cales unha vez realicen a súa compra conseguirán unha papeleta de participación para un sorteo que se realizará o mesmo día as 21:30 h., de 300€ en vales de compra, de 50€ cada un, e tamén se sortearán dous tratamentos de beleza e estética. Ademais, unha vez acudan a depositar dita participación na urna do CCA, situada na Praza Maior, recibirán unha bolsa reutilizable da asociación.

Artigos relacionados

Back to top button